CRTVG

Buscar

Varias comunidades endurecerán as restricións no Nadal

Publicado o 17/12/2020 14:18
Varias comunidades endurecerán as restricións no Nadal

O Goberno deixa a decisión en mans das comunidades, e xa son varias as que endurecerán as medidas no Nadal. Cataluña, Cantabria, Canarias e Baleares imporán novas restricións para frear os contaxios.

Outras comunidades como Estremadura, Valencia e Castela e León estudan facelo. Madrid non pechará perimetralmente durante o Nadal, e manterá abertos comercios e hostalería, pero o Goberno rexional non descarta posibles restricións nas áreas de saúde con máis incidencia.

Noticias web

17/12/2020