CRTVG

Buscar

Vane Sotelo, a mellor xogadora do Europeo

Publicado o 19/02/2019 22:33

Son días especiais para o fútbol sala feminino. Días de delirio, ledicia e historia. Esta selección é a primeira campioa de Europa.

Vane Sotelo, campioa de Europa: "A verdade é que aínda nunha nube, foi onte cando volvemos de Gondomar e asimilando todo, foi unha experiencia única, eu creo que inesquecible para todas, un soño cumprido" E nesa selección histórica ninguén destacou máis que a ourensá Vane Sotelo, elixida mellor xogadora do torneo: "Unha motivación máis pero seguir pero ao final o obxectivo que tiñamos era conseguir ese título de campioas de Europa, conseguímolo"

E entre as campioas de Europa tres galegas, ademais de Vane, a porteira Silvia Aguete, e Luci Gómez: "Galicia conta cun nivel altísimo de fútbol sala, sobre todo fútbol sala feminino e oxalá non se descoide e se siga coidando porque coido que é importante manter sobre todo ás nenas que veñen de abaixo que vexan que se pelexan, se apostan por elas poden acadar grandes cousas".

Pero tras os éxitos sabe Vane que agarda o regreso a unha normalidade que non se parece demasiado ao vivido nestes días.

"Estes días estivemos nun mundo ideal no que nos gustaría a todas estar, vivir do fútbol sala, por desgraza non pode ser así polo que agora cambiar o chip, volver á rutina que no meu caso é estudar, noutras traballar".

O que nin a rutina lles poderá quitar é a lembranza dese día en Gondomar, Portugal, en que foron campioas de Europa.

Noticias web

19/02/2019