CRTVG

Buscar

Valls dá hoxe a súa visión sobre a ruptura con Ciudadanos

Publicado o 19/06/2019 08:20

Manuel Valls comparece esta mañá no Concello de Barcelona. Desvelerá o seu futuro tras a ruptura con Ciudadanos por facilitar a investidura de Ada Colau. Tamén dará a súa visión sobre a marcha de Celestino Corbacho do seu grupo para integrarse, como independente, no que terán os de Rivera no Concello de Barcelona. Ciudadanos insiste en que foi un erro apoiar a Colau.

Carlos Carrizosa, Ciudadanos: "A señora Colau agora é alcaldesa con eses tres votos e en menos de 48 horas xa ten un lazo amarelo colgado do municipio. Esa mesma mañá cruzou a praza para falar co presidente Torra e xa conxeniou e estivo en absoluta liña con el".

Noticias web

19/06/2019