Validada en Santiago unha quiniela cun premio de 212.000 euros
O boleto foi validado nun despacho de Santiago situado en Vista Alegre e vaille proporcionar á persoa que o fixo un premio de case 212.000 euros en bruto. Neste sorteo había un bote de tres millóns de euros que repartiron os doce boletos acertantes da categoría especial. Esta quiniela tivo unha dose adicional de azar nos resultados.
Marta Liñares, propietaria de punto de venda de Loterías, explica que "dous partidos aprazados que foron ao sorteo por bólas, porque non se puideron xogar. Foi un pouco compoñente de todo, de fútbol e de azar".
Sobre a clientela, di Marta que son estudantes, veciños e tamén xente de paso. Polo de agora nin se manifestou como destinatario do premio, como sinala a propietaria do negocio: "Non sabemos se o sabe aínda. Por aquí non veu ninguén a dicilo. Por aquí veñen peñas de fútbol que deixan aquí os boletos a validar e non sei xa digo quen pode ser, se calquera que acertou ao azar, se é un pouco máis pensada. Non o sabemos".
É o premio máis importante que validou no seu pouco tempo como propietaria do negocio, en que herda antecedentes relevantes de cando o levaba seu pai.