CRTVG

Buscar

Valerón marcha do Deportivo por motivos persoais

Publicado o 30/06/2021 20:54

Despedida inesperada no Deportivo, a de Juan Carlos Valerón, que non segue como adestrador do Fabril. Foi Valerón quen pediu a rescisión anticipada do seu contrato. A decisión xustifícaa o futbolista canario con motivos persoais e colleu de sorpresa os directivos do Deportivo da Coruña. O club daralle todas as facilidades e agradece os servizos prestados.

Noticias web

30/06/2021