CRTVG

Buscar

Valencia rexeita pedir xa o avance á fase 2 o próximo luns

Publicado o 19/05/2020 20:13
Valencia rexeita pedir xa o avance á fase 2 o próximo luns

A Generalitat acordou, "por prudencia" e "responsabilidade", non pedir ao Ministerio de Sanidade que as tres provincias da Comunitat Valenciana pasen o próximo luns á fase 2. Polo que continuarán unha semana máis na fase 1. 

Así o anunciou este martes a  conselleira de Sanidade, Ana Barceló, en conferencia de prensa telemática para ofrecer os últimos datos da COVID-19 na comunidade. Barceló recoñeceu que 14 dos 24 departamentos de saúde da rexión levan só dous días na fase 1 e que se rexistrou unha leve repunta do índice de reprodución do virus, pasando do 0,66 ao 0,85 %.

A conselleira de Sanidade dixo que nas últimas vinte e catro horas se rexistraran seis falecementos, 215 altas e 16 novos casos positivos confirmados por PCR. 

"É unha decisión meditada" e baseada en "protexer a saúde dos valencianos", indicou Barceló, quen defendeu que se faga a  desescalada "tranquilamente". "Queremos saír todos xuntos" de fase, con "responsabilidade".