CRTVG

Buscar

Valencia negará a segunda dose aos que se vacinaron sen que lles tocase

Publicado o 22/01/2021 13:16
Valencia negará a segunda dose aos que se vacinaron sen que lles tocase

En Valencia, o presidente Ximo Puig calcula que unhas 200 persoas se vacinaron sen que lles tocase aínda ao non ser grupo prioritario. Entre eles, alcaldes, concelleiros e deputados, pero tamén outros perfís.

O presidente valenciano di que non se pode xogar coa esperanza da xente e anuncia que estas persoas, que se vacinaron sen respectar a orde, non recibirán a segunda dose. Di que se trata dunha cuestión ética e que dose non desperdiciará porque irá para algúen que o precise máis.




 

Noticias web

22/01/2021