CRTVG

Buscar

Valença do Miño recupera a súa feira con pouca presenza de galegos

Publicado o 05/05/2021 13:59

Tras tres meses de parada, os feirantes volven instalar os seus postos na tradicional feira de Valença do Miño.

O 90 % dos seus clientes son españois, sobre todo galegos, pero hoxe contábanse cos dedos.

Porque atravesar a raia de momento só é posible con causa xustificada. Abriu a fronteira, si, pero a comunidade segue pechada perimetralmente. A norma é clara, pero segue habendo dúbidas, polo que alguns arriscaron e pasaron.

Hoxe foi unha toma de contacto, esperan recuperar a actividade total a partir da próxima semana, cando co fin do estado de alarma se recupere a mobilidade.