CRTVG

Buscar

Valdoviño prepárase para a celebración do Pantín Classic

Publicado o 23/06/2021 15:24

O concello de Valdoviño prepárase para o seu evento deportivo e turístico máis relevante. O Pantín Classic, o campionato de surf, chega este verán á súa edición número 34. Despois dun ano de pandemia, a competición é un revulsivo económico.

Delfín Fidalgo Fernández, copropietario do cámping Valdoviño, asegura que "é un ano complicado e difícil de facer pronósticos. Somos optimistas de que este verán, se non hai ningunha circunstancia de que a pandemia impida algunha das accións normais da actividade turística, pode ser un gran ano".

Este ano adiántase o campionato ao inicio do verán. O Pantín Classic 2021 celebrarase dende o 26 de xuño ata o 4 de xullo. Alberto González Fernández, alcalde de Valdoviño, sostén que "o feito de adiantar este campionato vai facer posible que veña non só moita máis xente a  estar durante todos estes días, senón que veña xente gozar da nosa costa e das nosas praias e, polo tanto, nós entendemos que beneficia".

O concello espera que o Pantín Classic repercuta positivamente non só na hostalería e na restauración, senón tamén noutros sectores económicos do municipio.

Noticias web

23/06/2021