CRTVG

Buscar

Valan as praias da Coruña para controlar o acceso dos bañistas e evitar aglomeracións

Publicado o 10/06/2021 15:09

As praias da Coruña prepáranse para o segundo verán condicionado pola pandemia. Os valos xa instalados nos areais da cidade anticipan as medidas que se van recuperar para evitar as aglomeracións de bañistas. A concelleira de Medio Ambiente asegura que van "estar moi pendentes de que se cumpra a normativa porque o primeiro é a saúde".

Os bañistas din que "os valos quedan feos, pero esta praia ten moita xente no verán, así que, se axudan a controlar a pandemia, pois parécenos ben". Delimitan as zonas autorizadas para entrar e saír do areal, pero queda por decidir se se controlará a afluencia de xente co sistema de arcos e semáforos instalados o pasado verán.

Na area, a opinión é que o sistema de control de acceso das praias da Coruña o pasado ano funcionou "porque polas mañás estaba o semáforo en verde, nas pequenas ao mellor non e había que agardar, pero moi pouco, porque hai moita xente sempre".

Será o próximo día 15 cando, oficialmente, se dea por inaugurada a tempada de verán nos areais da Coruña.

Noticias web

10/06/2021