Unha multa por construír sen licenza que non pode pagar lévao a perder o piso do seu fillo dependente
Publicado o 05/04/2021 15:03
José Antonio Vázquez está pendente de que saian á poxa as dúas vivendas que están ao seu nome por non poder pagar unha multa de 84.000 euros. O pesadelo que vive comezou cando hai doce anos se separou e decidiu construír unha casa no lugar de Ariz, en Láncara. Fíxoa en solo rústico, a pesar de que no PXOM aprobado posteriormente si figuraba como núcleo rural.
O piso onde reside o fillo de José Antonio, menor e cunha discapacidade recoñecida, encóntrase na Pobra de San Xiao. Como a vivenda tamén está a nome do seu pai, tanto a nai coma o rapaz poden quedar sen ela.
O piso está adaptado para o menor dependente, que sofre esvaecementos repentinos.