Vai de peixe, campaña para impulsar o consumo de peixe entre a mocidade
Son millenials, mozos nacidos a partir dos anos oitenta, a eles vai dirixida a campaña Vai de peixe. Están concienciados co que comen e co medio ambiente, pero consomen habitualmente peixe?
"Intentamos consumilo de vez en cando, intentamos pero a verdade é que cociñalo é máis complicado de cociñar. Non son moi peixeira, e de feito cando mo dan na residencia non adoito comelo. A verdade é que a miña alimentación baséase en peixes, verduras e cousas así. Non é unha cousa que me encante, son máis de carne, pero vaia, aínda o como tamén".
Vai de peixe ten como reto aumentar o consumo dos produtos do mar entre os mozos, para conseguilo: as redes sociais e rostros populares como a atleta Ana Peleteiro, a presentadora Eva Iglesias e os youtubers Percebes e Grelos e Coque Macho.
Rosa Quintana, conselleira do Mar: "Estamos a falar de persoas cunha certa influencia e que son quen de trasladarlle á sociedade estes valores e estas necesidades. Creo que os mozos van de festa, van de tapas, van de viños e tamén é importante que os mozos vaian de peixe".
Unha das accións da campaña será a visita dun tráiler aos diferentes campus galegos, nos que un cociñeiro demostrará qué pratos rápidos, saborosos e saudables podemos preparar cos nosos peixes.