CRTVG

Buscar

Vaga de roubos nunha urbanización de luxo de Baiona

Publicado o 05/11/2020 14:01

Esta é unha das tres vivendas da rúa Rafael Freire que foron asaltadas nos últimos días, están moi próximas, un cuarto roubo foi fóra da urbanización Vista Real. Os ladróns levaron cartos e xoias, pero nesta vivenda cometeron estragos na cociña e nos baños.

Os roubos tiveron lugar entre seis e oito e media do serán en vivendas habitadas, aproveitando unha saída dos donos. Algúns residentes na urbanización de alta gama coidan que viron os ladróns segundo eles son tres mozos que ían a pé e levaban varios cans.

Outros residentes si que teñen medo. A Urbanización Vista Real está próxima ao Cuartel da Garda Civil e tamén conta con vixilancia privada; malia todo, os veciños saben que os baixos son moi vulnerables porque é moi doado acceder polas terrazas ou polos desniveis do terreo.

Non é a primeira vez que se cometen roubos nesta urbanización, o ano pasado tamén houbo outra vaga de roubos e finalmente foi detido un grupo do leste.

Noticias web

05/11/2020

Máis sobre Baiona