CRTVG

Buscar

Vaga de roubos en Lalín, con tres asaltos en menos dunha semana

Publicado o 19/04/2021 14:54
Vaga de roubos en Lalín, con tres asaltos en menos dunha semana

Nun edificio de Lalín denunciouse o que, ata agora, é o último dunha secuencia de roubos nas últimas semanas. O responsable dunha oficina técnica confirmou que lles forzaron a porta o sábado á última hora do serán para roubarlles unha pequena cantidade de cartos. Foi un veciño o que avisou de que a porta estaba aberta. É o terceiro asalto en menos dunha semana, o quinto en quince días.

O mércores pasado roubaron cartos e xoias nun piso do centro e entraron noutra vivenda do mesmo edificio que está deshabitada. Os ladróns rompen primeiro o asexadoiro e logo forzan a porta.

A Garda Civil e a Policía Local pídenlles aos veciños que estean sobreaviso e non abran o portal a ningún descoñecido.

Noticias web

19/04/2021