CRTVG

Buscar

Vaga de calor no Reino Unido con temperaturas de ata 33 graos

Publicado o 20/07/2021 12:15
Vaga de calor no Reino Unido con temperaturas de ata 33 graos

O Reino Unido está a sufrir nestes días unha inusual vaga de calor.

O servizo meteorolóxico británico activou por primeira vez a súa alerta ámbar por calor extrema. Nalgunhas zonas do país agárdanse temperaturas moi pouco habituais de ata 33 graos.

Noticias web

20/07/2021