CRTVG

Buscar

Vacinas para turistas, a 50 euros, en San Marino

Publicado o 18/05/2021 15:37

O 'turismo de vacinas' chega a Europa. San Marino, unha pequena república situada ao nordés de Italia, ofrece aos estranxeiros as dúas doses da vacina rusa Sputnik coa condición de que pasen polo menos seis noites en aloxamentos turísticos do país. 

As autoridades de San Marino recibiron xa miles de solicitudes de estranxeiros que queren acollerse a esta iniciativa. Ademais dos 50 euros que custan as dúas doses da vacina rusa, Sputnik, os interesados deberán reservar seis noites en hoteis, pensións ou cámpings do país. Estas pernoitas deberán distribuírse en dous períodos de tempo separados por un intervalo de entre tres ou catro semanas para a administración das dúas doses. Ao final de todo este proceso recibirán o certificado de vacinación. 

Noticias web

18/05/2021