CRTVG

Buscar

Os centros de vacinación sen cita dos campus ábrense á poboación xeral

Publicado o 12/09/2021 14:44

As autoridades sanitarias habilitaron puntos de vacinación sen cita previa nos sete campus galegos. En Ferrol, na Escola Politécnica; na cidade herculina, en ExpoCoruña; en Lugo, na Facultade de Veterinaria; en Santiago, no auditorio Roberto Vidal Bolaño; en Pontevedra, no recinto feiral; en Vigo, no pavillón univeritario e en Ourense, no edificio Ferro, onde está a Facultade de Ciencias da Educación.

Nestes centros administrarase a vacina contra a covid-19 durante toda a xornada do luns 13 e do martes 14 de setembro. 

Deste xeito, o Sergas quere continuar avanzando na campaña de inmunización. O obxectivo primordial é facilitarlles o proceso ao alumnado, docentes e, en xeral, a todo o persoal das universidades galegas que, por diferentes motivos, faltaron á cita cando foron convocados.

Porén, tamén poderán acudir a estes centros todas as persoas maiores de doce anos que queiran recibir o soro. Os puntos de vacinación estarán operativos en horario de mañá e de tarde.

Noticias web

12/09/2021