CRTVG

Buscar

Vacinación masiva no IFEVI a menores de corenta anos

Publicado o 24/07/2021 14:44

Fronte ao incremento no número de casos activos, a vacinación continúa ao seu ritmo en lugares coma este de Vigo. No IFEVI este sábado están citadas preto de 4.500 persoas para recibir a segunda dose da vacina. Todas elas pertencen a ese tramo de idade que vai dos 39 aos 30 anos.

Porque a medida que avanza a vacinación tamén crece o número de novos contaxiados. Precisamente neste tramo de idade, de 39 a 30 anos, a asistencia para vacinarse está sendo menor, arredor dun 70% sobre todo para a primeira dose.

Para que isto non aconteza, Sanidade analizará os motivos e as circunstancias deste descenso sobre todo agora que o número de contaxios segue á alza. A área sanitaria de Vigo é unha das máis prexudicadas de toda Galicia, con 241 novos positivos en apenas 24 horas.

Esta área sanitaria ten máis de 3.700 casos activos, case douscentos máis ca onte. E mentres continúa ese proceso de vacinación, segue a búsca de novos positivos neste punto de covid auto do Álvaro Cunqueiro.

Noticias web

24/07/2021