CRTVG

Buscar

Vacinación masiva en Ourense para preto de 2.500 persoas que non acudiron á primeira chamada

Publicado o 21/05/2021 15:02

Fluidez e, a simple vista, alta afluencia de pacientes na convocatoria masiva desta mañá para a vacinación en Expourense. Para hoxe estaban citadas persoas de 60 a 69 anos que non acudiron a primeira vez que os chamaron. Algúns porque non chegaron a tempo. Beatriz Blanco, enfermeira dos equipos de vacinación da área sanitaria de Ourense, explica que son casos de pacientes que non atenderon a mensaxe, que non chegaron a tempo ou que non puideron ser localizados inicialmente.

Nalgún caso tamén porque ao pasar a enfermidade hai que esperar un tempo para vacinarse. "Paseina en xaneiro", comenta unha das persoas que hoxe acudiron a Expourense, "e dixéronme que tiña que esperar seis meses". En toda a provincia están citadas hoxe máis de 2.400 persoas de entre 60 e 69 anos. Reciben a vacina de Janssen, a única das que existen a día de hoxe que precisa dunha soa dose.

"Moito mellor", comentaba satisfeito, e acabado de vacinar, outro dos citados hoxe. "Así non hai que volver". A xornada de vacinación masiva en Ourense completouse pola mañá tanto no recinto feiral da capital como nos hospitais do Barco e de Verín.

Noticias web

21/05/2021