CRTVG

Buscar

'Vacamulo': os xabarís da Ribeira Sacra de grandes dimensións

Publicado o 09/09/2019 21:47

Alimento abundante en calquera época do ano: sobre todo mazás no verán e castañas no outono. Orografía abrupta que lles dá o acubillo axeitado, ademais de favorecer o exercicio físico. Isto, sumado ao abandono do rural, fai que o xabaril medre nestes montes da Ribeira Sacra máis que en ningún outro monte galego.

Esta familia de cazadores de Luíntra leva anos especializada na captura de exemplares de grandes dimensións. Coleccionan cairos e cabezas de xabarís que fixeron da contorna o hábitat preferido para vivir e reproducirse.

A través de cámaras de infrarroxos instaladas onde adoitan deixar o rastro os machos, fan un seguimento das rutas que seguen os exemplares de maior tamaño.

En condicións tan favorables o xabaril procrea dúas veces ao ano. Aos setes meses as femias xa son fértiles. unha expansión demográfica que fai case imposible controlar a poboación de súidos. A caza é unha delas, pero os cazadores quéixanse de que mentres o xabaril medra ano a ano, eles non teñen unha remuda xeracional na mesma proporción.

Noticias web

09/09/2019