Os servizos de substitución facilitan as vacacións dos gandeiros
Ser gandeiro e ter vacacións semella incompatible: hai que muxir as vacas os 365 días do ano, darlles de comer, coidar dos cultivos...Uns traballos que non permiten un momento de lecer, polo menos ata o de agora, grazas os chamados servizos de substitución que comezan a xurdir.
A gandería Carballeira de Mesía ten 170 animais, traballo abondo para Víctor, a súa muller e máis unha empregada, especialmente no momento da muxidura
Uns traballos que está a facer hoxe Manuel. En 2018 creou unha empresa de servizos gandeiros para facer sustitucións en granxas. Comezou el só e hoxe en día conta con 3 empregados que están a traballar en 36 explotacións, o que da idea da demanda que ha
Ocúpanse de tódolos labores da granxa, algúns tan delicados coma o muxido, para o que están especialmente formados
Víctor contratounos para cubrir as vacacións da súa empregada, e despois as súas , que ben merecidas as ten
Un sistema que permite que os gandeiros teñan días libres, e xerar novos postos de traballo no rural.