CRTVG

Buscar

UUAA pide que a Xunta medie entre gandeiros e industria nos novos contratos

Publicado o 22/11/2019 14:42

Unións Agrarias pídelle á Xunta que medie entre gandeiros e fábricas do leite para garantir que as industrias non os obriguen a aceptar uns prezos baixos. O sindicato reclama garantías porque, segundo di, as industrias poden manipular facilmente o sistema actual.

O seu secretario xeral, Roberto García reclama que "a Xunta, que é quen fabrica os índices de pago medio en Galicia, diferencie claramente o leite que recollen as industrias transformadoras da que recollen eses asalariados da propia industria para abaratar o leite, o que se chaman primeiros compradores".

Noticias web

22/11/2019