Usuarios da praia Lapamán en Bueu piden un paso de peóns na estrada por seguridade
Estes días estámonos fixando nos desprazamentos longos pero nas distancias curtas dos peóns conflúen moitos perigos. Vemos agora os riscos que afrontan cada día cando cruzan os accesos á praia de Lapamán, en Bueu, sometidos ao tráfico dunha estrada nacional.
As distancias longas dos desprazamentos conviven con distancias curtas que poñen en risco a seguridade e integradade dos peóns. Os que van á praia de Lapamán, en Bueu, afrontan cada día numerosos perigos.
Familias enteiras, veciñanza e turistas que se dirixen a pé vense obrigados a cruzar, tódolos días, dende as súas casas á praia, por unha estrada nacional con múltiples situacións imprevisibles.
Na vida cotiá, e no apoxeo das vacacións, a ausencia de accesos convértese para o peón nunha aventura mortal.