Usamos a cita previa máis ca antes do coronavirus
Publicado o 16/06/2020 15:20
Non hai dúbida de que o coronavirus cambiou moitos dos nosos hábitos, e non só os cotiáns.
Agora empregamos máis a cita previa e non só para ir ao médico, senón tamén para resolver trámites administrativos.
Por exemplo, no Rexistro Xeral da Xunta agora só atenden con cita previa. A vantaxe é que o funcionario que nos atende coñece de antemán a nosa documentación e podemos resolver o trámite máis facilmente. Isto reduce os tempos de espera e evita aglomeracións.
E como facer para solicitar cita previa para o rexistro? Pois podemos chamar ao teléfono 012 ou facelo dixitalmente a través da web da Xunta.