CRTVG

Buscar

Urtasun, con dúas triplas decisivas, fai que o Breogán perda o liderado

Publicado o 09/05/2021 15:17

Na LEB Ouro, o Río Breogán perdeu en Alacant a súa condición de líder. Caeu nun partido no que foi capaz de remontar un marcador adveso no último cuarto. Pero o factor diferencial do encontro foi o veterano Txemi Urtasun, que anotou 26 puntos cun espectacular 7 de 7 en triplas. Con empate a 64 no marcador, Urtasun decidiu o partido con dous lanzamentos desde o perímetro. O Breogán deixa de ser líder e recolle esa primeira posición o Leyma Coruña, que gañou en Almansa e beneficiase do triplo empate cos breoganistas e con Granada. Queda só unha xornada para o remate da liga regular.