CRTVG

Buscar

Urkullu pídelle ao Goberno que prorrogue o estado de alarma

Publicado o 12/04/2021 21:01
Urkullu pídelle ao Goberno que prorrogue o estado de alarma

O lehendakari Ínigo Urkullu pídelle ao presidente do Goberno que prorrogue o estado de alarma máis alá do 9 de maio. Di que, do contrario, as comunidades autónomas quedarán sen capacidade operativa nin garantías xurídicas para adoptar medidas contra a expansión do virus. Urkullu insiste na celebración dunha conferencia de presidentes para abordar o tema.

Outras comunidades como Andalucía, Cantabria ou Galicia xa se manifestaron tamén en contra de levantar o estado de alarma sen buscar outras alternativas.

Noticias web

12/04/2021