Urkullu anunciará esta tarde eleccións autonómicas para o 5 de abril
Publicado o 10/02/2020 13:09

O lehendakari, Iñigo Urkullu, anunciará este luns pola tarde a convocatoria de eleccións autonómicas vascas para o próximo 5 de abril, nunha comparecencia pública que se celebrará na sede de Lehendakaritza, en Vitoria.
Desta forma, o decreto de disolución da Cámara vasca e a convocatoria dos comicios publicarase este martes, 11 de febreiro, como establece a lei para que transcorran os 54 días marcados.
O prazo para que os partidos presenten as candidaturas electorais comezará o 26 de febreiro e concluirá o 2 de marzo. A comparecencia será ás 16.00 horas.