CRTVG

Buscar

Urdangarin podería pasar o Nadal na casa

Publicado o 25/11/2019 15:01
Urdangarin podería pasar o Nadal na casa

Iñaki Urdangarin está a piques de gozar do seu primeiro permiso carcerario. Podería pasar o Nadal na casa. Este xoves cumpre a cuarta parte da súa condena de cinco anos e dez meses de prisión polo caso Nóos. Este é un dos requisitos para gozar de ata 36 días de permiso ao ano, en estancias dunha semana. Outras condicións son unha boa conduta e que non exista risco de fuga.

No informe van pesar os labores de voluntariado que Urdangarin leva a cabo dende setembro nunha fundación de atención a discapacitados.

Noticias web

25/11/2019