Á UPTA tampouco lle gusta a reforma do sistema de cotización dos autónomos que propón o Goberno
Publicado o 14/05/2021 14:02
"É necesario modificar o sistema actual", di Eduardo Abad. "É indamisible que un pequeno autónomo pague o mesmo á seguridade social que outro que poida duplicar ou triplicar os seus ingresos. Pero a reforma que formula o Goberno", mantén Abad, "segue esixindo un esforzo contributivo para as rendas máis baixas".
O Goberno, a traves do plan de recuperación enviado a Bruxelas, pretende impoñer un maior control fiscal os autonómos. O colectivo ve con bos ollos unha modificacion fiscal que se adapte aos novos tempos
Abad urxe a posta en marcha do plan de rescate acompañado de medidas fiscais e do retraso do cesamento de actividade máis alá do 31 de maio para salvar miles de autónomos.