Uns oito mil opositores participaron nas probas para 360 prazas de celador
Publicado o 10/03/2019 19:49
Esta fin de semana os aspirantes a celador dos hospitais públicos galegos que se presentaron no recinto feiral de Silleda foron 7.858, o que supón o 73,62 por cento dos que estaban admitidos.
En concurso hai 360 prazas, das que 144 son de acceso libre, 195 de promoción interna e 21 para persoas con discapacidade xeral. O sábado, por primeira vez, neste mesmo recinto, examináronse 153 persoas con discapacidade intelectual para optar a 30 postos tamén de celador.