Uns 300.000 autónomos poderían pechar os seus negocios
Publicado o 24/02/2021 14:05
Datos moi preocupantes sobre a actividade dos autónomos. Uns 300.000 poderían pechar os seus negocios este ano.
O informe mensual que elabora ATA estima que dende o pasado mes de marzo, os traballadores por conta propia acumulan unhas perdas de 70.000 millóns de euros.
Unhas cifras que demostran a necesidade dun plan de emerxencia que lles permita enfrontarse aos próximos meses. Para evitar máis peches, unha maior caída da actividade e o final da destrución de emprego.