CRTVG

Buscar

Uns trinta mortos nun novo ataque de homes armados en Burkina Faso

Publicado o 04/05/2021 08:41
Uns trinta mortos nun novo ataque de homes armados en Burkina Faso

Unhas trinta persoas puideron morrer nun novo ataque lanzado por homes armados en Burkina Faso.

Segundo as primeiras informacións, un grupo duns cen xihadistas lanzaron o ataque nunha zona fronteiriza con Níxer. Preto dese lugar, foron asasinados hai unha semana os reporteiros españois David Beriain e Roberto Fraile cando realizaban un documental sobre a caza furtiva.