Uns 3.000 efectivos velarán pola seguridade no próximo partido Barça-Madrid
O dispositivo especial do próximo partido Barça-Madrid pretende garantir a seguridade ante unha cita de alto risco, á que hai que engadir a mobilización que organiza Tsunami Democràtic para ese día. Dos 3.000 efectivos convocados, 1.000 son axentes do corpo dos Mossos d´Esquadra, que coordina o operativo.
Miquel Buch, conselleiro catalán do Interior: "É o responsable do dispositivo, quen o deseñou e quen garantirá o acceso e a seguridade de todos".
Os Mossos din que están preparados para actuar se a situación se complica.
Eduard Sallent, comisario xefe dos Mossos d'Esquadra: "Un dos escenarios máis complexos sería a invasión do campo. É unha situación extrema que en principio non contemplamos como probable pero si posible e deseñamos medidas para darlle resposta".
Dentro interviría a seguridade privada do club e os Mossos se a situación é grave e se hai que facer algunha detención. Lembran que este tipo de infraccións castíganse con sancións económicas importantes e mesmo coa prohibición do acceso aos campos.