CRTVG

Buscar

Uns 200 militares británicos súmanse á distribución de combustible no Reino Unido

Publicado o 04/10/2021 13:33
Uns 200 militares británicos súmanse á distribución de combustible no Reino Unido

Uns 200 militares británicos comezaron este luns a distribuír combustible polas gasolineiras de todo o país para paliar o desabastecemento derivado da falta de transportistas.

Os militares despregráronse desde primeira hora da mañá polas áreas máis afectadas de Londres e do sur de Inglaterra. O primeiro ministro, Boris Johnson, reiterou que non pensaba facilitar a inmigración descontrolada para paliar a escaseza de man de obra.

A falta de transportistas está afectando tamén outros sectores como a hostalaría e a agricultura. Moitos gandeiros víronse obrigados a tirar a súa produción de leite por non ter quen a recolla. 

Noticias web

04/10/2021