CRTVG

Buscar

Uns 160 porcos, atrapados entre os cascallos tras o derrubamento unha granxa en Piñor

Publicado o 31/05/2021 14:02

"Caeu todo. Caeulles o teito enriba. Iso son divisións de cemento fortísimas. Iso fai peso. Entón os animais ao caerlles o teito enriba quedaron atrapados. Veu un camión guindastre para quitar cascallos e poder traballar cun pouco de seguridade e quitar os animais", comenta Modesta Álvarez, propietaria da granxa.

Derrubáronse dous módulos dos sete coas que conta a explotación. Entre os cascallos quedaron atrapados uns 160 animais. Moitos faleceron. Modesta afirma que debaixo había unha leitoeira e eses todos faleceron esmagados e outros houbo que sacrificalos porque estaban coas pernas rotas.

Están á espera do seguro para retirar todos os cascallos e facer un balance de danos. Non entenden que puido acontecer.

"Eu o único que o achaco é ao tremor de terra da semana pasada que se sentiu aquí, que movese a estrutura e viñerase abaixo, porque outra explicación non ten", comenta Modesta.

Leva dúas décadas á fronte da granxa que xa pertenceu ao seu pai. A explotación ten capacidade para unhas 110 dez nais coas súas crías.

Noticias web

31/05/2021