CRTVG

Buscar

Uns 15.000 galegos, en lista de espera para sacar o carné de conducir

Publicado o 18/08/2021 16:00

A provincia de Pontevedra é a más afectada polos atrasos á hora de examinarse, cunha lista de espera dunhas 7.000 persoas. A isto únese a folga dos profesores de autoescola, que reclaman mellores condicións laborais, co que a demora é maior.

Os alumnos entenden as reivindicacións, pero despois de agardar tanto tempo polo exame, non queren renunciar. Algúns vense moi afectados, xa que precisan o carné para traballar.

Menos examinadores e menos profesores nas autoescolas, dous factores que engrosan a lista de espera.

O número de probas reduciuse nalgúns concellos ata un 35 por cento respecto a hai dous anos. Un problema que queda en evidencia coa gran demanda nos meses de verán.

Noticias web

18/08/2021