CRTVG

Buscar

Universitarias galegas disfrázanse de home para homenaxear a Concepción Arenal

Publicado o 30/01/2020 15:15

Na Universidade de Santiago, solemnidade e sorrisos. Sorrisos de admiración. "Asombrada do que fixo Concepción Arenal, sobre todo naquela época". "As mulleres tiñan prohibido entrar nas aulas".

Na facultade de Química decidiron que homes e mulleres vestiran igual. "De negro, ou de escuro, cunha camisa branca. Quen quixera".

E na facultade de Filosofía había mulleres vestidas de homes. "O bigote vén a que ela tivo que disfrazarse de home para poder acceder á universidade".

Concepción Arenal asistiu de oínte ás clases de Dereito. Ata que a descubriron. Pero non a botaron. Fixéronlle un exame. "Tivo que explicar e expresar que xa sabía dereito e era unha muller intelixente". E gañou o dereito a entrar na aula, pero... "custodiábana, tiña que estar sempre acompañada, sentábana á parte".

Un mundo recreado nesta clase impartida, obviamernte, por homes. "Escandalizarnos de que houbese tantas mulleres aí". "Que fan aí? Tiñan que estar na casa".

E separaron alumnos e alumnas. Tiñan que estar na casa, as mulleres. Pero Concepción Arenal dixo que non.

Noticias web

30/01/2020