CRTVG

Buscar

Universidades portuguesas abren os sábados para evitar as aglomeracións

Publicado o 21/09/2020 16:32

A orde dende o Ministerio de Educación é reducir as ratios, así que cada universidade portuguesa botou man da inventiva e dos recursos que ten á súa disposción para evitar que un gran número de estudantes acaben na mesma aula, xa saben que nas facultades mesmo pode haber 150 persoas nunha clase e iso non pode ser.

Aquí no norte do país destaca a decisión da Universidade de Bragança, que vai ter actividade mesmo os sábados ata as 8 da tarde para repartir os alumnos, unha idea que a Universidade de Setúbal xa copiou. A meirande parte de universidades teñen tamén un sistema híbrido onde os estudantes se van alternando entre un sistema presencial e clases na casa, como acontece aquí na Universidade do Porto.

Os que teñan o apelido que empece entre as letras a e i veñen as semanas impares, e os da iota á zeta as semanas pares.

Noticias web

21/09/2020