CRTVG

Buscar

Unións Agrarias programa varias mobilizacións en defensa das explotacións de vacún de carne galega

Publicado o 13/09/2021 13:15

Unións Agrarias alerta da situación de quebra das explotacións de vacún de carne galega. O sector deixou de percibir dende o 2015, uns 39 millóns de euros polo estancamento dos prezos. En Galicia hai 11.000 explotacións e máis do 90 por cento son familiares. Preparan un calendario de mobilizacións que comeza o venres cunha repartición de mil quilos de carne na praza do Toural para concienciar o consumidor.

"Situación máis grave que en ningún outro sector, porque combina unha situación de estancamento dos prezos, unha suba dos custes de produción e unha redución do consumo como consecuencia de campañas indiscriminadas contra o consumo de carne que atacan o modelo de explotación familiar galega", di Roberto García, de Unións Agrarias.

Noticias web

13/09/2021