CRTVG

Buscar

Unións Agrarias insta a Xunta a vincular as axudas ás adegas á existencia de contratos cos viticultores

Publicado o 14/10/2021 14:47

Unións Agrarias insta a Xunta a vincular as axudas as adegas á existencia de contratos cos viticultores. Denuncian que hai adegas que seguen a fixar os prezos con contratos verbais que non garanten a viabilidade económica dos produtores. Consideran a campaña que acaba de rematar un fito histórico, con 73 millóns de uva entregada e máis de 223 millons de euros de facturación. 

"O importante é a data en que se asina o contrato, para evitar que se manipule a posteriori, esa sinatura é previa á negociación dos prezos porque os contratos teñen que levar un número de quilos e un prezo por quilo", di Roberto Garcia, secretario xeral de Unións Agrarias.

Noticias web

14/10/2021