Unión no Lugo para a cita decisiva fronte ao Raio Vallecano
Xuntos e concienciados. Así afrontan os xogadores do Lugo o decisivo encontro ante o Raio Vallecano.
Xavi Torres. C.D. Lugo. "É a final da nosa carreira, a final da nosa vida".
Cantero. C.D. Lugo. "Vai ser unha final, vai ser unha guerra".
Unha final á que o presidente recorre cunha cita futbolística para lembrarlle ó técnico e ós seus xogadores que...
Tino Saqués. Presidente do C.D. Lugo. "Hai finais que se xogan e hai finais que hai que gañalas e a iso vamos".
O ambiente no equipo tralos últimos resultados invita ó optimismo.
Valentín. C.D. Lugo. "Estou pletórico".
Campabadal. C.D. Lugo. "Como mentalidade non nos vai gañar ninguén e imos ir a morte alí".
O Lugo xa sabe cal é o camiño para derrotar ó Raio. Fixoo no encontro da primeira volta e os xogadores teñen claro por onde pasan as posibilidades para repetir o éxito.
Cantero. C.D. Lugo. "O noso partido vai pasar por ser moi fortes, ser o máis seguros posible, ser contundentes cando eles nos ataquen e a partir da ahí, disputar cada balón coma se fose o último, ofensivamente facerlles dano co noso xogo directo e, como se viu ante o Cartaxena, aproveitar os contraataques, non?"
Como Valentín ante o Cartaxena, o Lugo busca repetir en Vallecas a súa particular carreira á gloria.