CRTVG

Buscar

Unidos Podemos non apoiará os presupostos se non se limita o prezo dos alugueiros

Publicado o 03/01/2019 15:04

Advertencia de Unidos Podemos ao PSOE: non apoiarán os presupostos se o Goberno non redacta unha lei que limite os prezos dos alugueiros. Consideran insuficiente o decreto de medidas urxentes sobre vivenda aprobado polo Executivo e pídenlle que redacte un novo con eles, que inclúa as medidas que pactaron en outubro. Lembran que limitar o prezo dos alugueiros era unha condición mínima indispensable.


 

Noticias web

03/01/2019