CRTVG

Buscar

Unidos para evitar o peche do convento dos Capuchinos na Coruña

Publicado o 06/05/2021 14:11

Desconcertados, asombrados, conmovidos. Así din estar os fregueses e veciños da contorna dos Capuchinos.

Por iso reaccionaron nada máis coñecer a intención dos superiores da orde. Os primeiros relixiosos desta orde chegaron á Coruña hai 103 anos e os fregueses destacan o seu bo facer de sempre.

Así que todos unidos van intentar evitar este peche. En silencio e con respecto, todos os domingos, ata que haxa unha decisión definitiva, vanse concentar ás portas dos Capuchinos en sinal de protesta.