Unidas Podemos propón un goberno 'á valenciana'
Publicado o 13/06/2019 14:56
Unidas Podemos insiste nun executivo de coalición, e pon como modelo o goberno pactado na Comunidade Valenciana. Ese acordo dálle a Podemos unha vicepresidencia e dúas consellerías, e o partido morado, que hoxe reuniu o grupo confederal no Congreso, cre que se podería trasladar ao ámbito estatal.