CRTVG

Buscar

Unidas Podemos pide que Filipe VI compareza no Congreso pola marcha de don Xoán Carlos

Publicado o 06/08/2020 20:07
Unidas Podemos pide que Filipe VI compareza no Congreso pola marcha de don Xoán Carlos

Unidas Podemos quere que Filipe VI compareza no Congreso para explicar a marcha de España de don Xoán Carlos. Así o afirmou nunha entrevista radiofónica Jaume Asens, presidente do grupo Unidas Podemos no Congreso: "É esencial e propio dunha monarquía que se define constitucionalmente como parlamentaria que o rei compareza ante as Cortes Xerais. Nós imos pedir iso, que o rei de explicacións".

Asens insistiu na necesidade de que tanto Xoán Carlos I como Filipe VI dean explicacións sobre a saída de España do antigo monarca: "A cidadanía merece, como mínimo, unha comparecencia para explicar as razóns da súa marcha e en que condicións e gastos se deu".

Así mesmo, agregou: "Non coñecemos fidedignamente o relato dos feitos e por iso cremos que necesitamos que nolo expliquen mellor. O único que sabemos todos é que houbo unha operación de Estado que consistiu en facilitar que o rei emérito poida abandonar a Zarzuela e ir a un destino descoñecido".