CRTVG

Buscar

Unidas Podemos e a oposición piden máis medidas para baixar a factura da luz

Publicado o 26/08/2021 21:38

A suba da luz tamén marca o debate político. En Podemos din que seguirán metendo presión coas súas propostas para intentar rebaixar a factura. 

No PP critican a Pedro Sánchez por non dar explicacións. O presidente do Goberno non aludiu ao tema, pero fixo un chamamento á oposición para rebaixar a crispación.

En plena escalada do prezo da luz, os partidos reclaman máis medidas para intentar baixar o recibo. En Unidas Podemos lamentan non ter máis peso no Goberno para impulsar unha xestión pública do mercado eléctrico. 

O PP acusa o presidente do Goberno de estar ausente nesta crise sen dar explicacións nin tomar medidas, e Pedro Sánchez pídelle á oposición baixar a crispación. Foi nunha intervención en Cáceres sen preguntas despois de visitar unha residencia de maiores, entre apupos e berros de "presidente". Non fixo alusión ao prezo da luz, pero pediu unidade política en asuntos como a reforma das pensións.

Dixo que non haberá unha recuperación xusta se non se traslada tamén ás pensións e aos salarios. 

Noticias web

26/08/2021