Unicef pide que non se paralicen as campañas de vacinación a infancia pola covid-19
Publicado o 16/11/2020 13:33
Unicef e a Corporación Radio e Televisión de Galicia inician hoxe por décimo ano a Semana coa Infancia. O obxectivo é promover o cumprimento dos dereitos da infancia e a adolescencia, que desde que comezou a pandemia da covid-19 corren máis risco.
Segundo Unicef, tres millóns de nenos morren cada ano no mundo por enfermidades que se poderían evitar con vacinas, como a meninxite, polio, pneumonías ou o sarampelo. O desvío de fondos e esforzos para atopar a vacina da covid-19 está deixando eses nenos sen recursos que para eles poden ser vitais.
A radio e a televisón públicas emiten estes días entrevistas e reportaxes para concenciar da importancia de manter os programas de axuda á infancia durante e despois da pandemia.