CRTVG

Buscar

Unicef lamenta a falta de consenso na lei educativa

Publicado o 20/11/2020 13:28

Unicef, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia, lamenta a falta de consenso na lei de ensino que se aprobou onte en España e pide que a regulación educativa non cambie cada vez que muda o Goberno. Reclámalles aos partidos que se poñan de acordo para frear o elevado índice de fracaso escolar e a segregación que hai nas escolas españolas. 

"É impensable que unha cousa que nos importa a todos tanto, na que teriamos que ter clarísimos os obxectivos, non houbese consenso e que con cada goberno poida cambiar a lei".

"Uns obxectivos de loita, neste caso contra o fracaso escolar que temos en España e a segregación escolar".

"Oxalá se puidese lograr este consenso tamén no investimento en infancia. Nos últimos dez anos non houbo suficiente investimento en infancia, e na educación estivo conxelada case, por así dicilo", dixo a Televisión de Galicia Carmen Molina, directora de Sensibilización e Políticas da Infancia de Unicef.

Noticias web

20/11/2020