CRTVG

Buscar

Unhas 7.000 persoas de entre 50 e 59 anos reciben este sábado a vacina en Santiago

Publicado o 15/05/2021 16:32

"Hoxe na área sanitaria de Santiago temos citadas arredor de 7.000 persoas na Cidade da Cultura, no hospital do Barbanza arredor de mil persoas, tamén se está a vacinar hoxe no Hospital Clínico e no de Conxo" asegura María José Parrado Alonso. Coordinadora da vacinación na Cidade da Cultura:

Nesta ocasión, na Cidade da Cultura os vacinados teñen entre 50 e 59 anos e reciben a primeira dose da vacina de Moderna... administraráselles a segunda en 28 días.
"Estou desexando que me poñan xa a segunda e a ver se se normaliza a situación senón isto é un desastre"
"Eu son profesora universitaria, da USC, e este colectivo estabamos desexando que nos puxeran a vacina, entón si claro desexando como todo mundo"

Nas últimas dúas semanas foron aumentado aquí os postos de vacinación. Hoxe hai 25.
O ritmo esta mañá era moi fluído e non se producían aglomeracións importantes, algo que agradecían os citados porque o tempo non acompañaba para esperar á intemperie.

"Cheguei, cola rapidísima, todo rapidísimo, agradécese moito porque está un día infernal con vento e chuvia" "Pensaba que ía ter que agardar moito máis do que tiven que agardar e foi chegar e encher"

Todos recibían con moito alivio que por fin lles chegase a súa quenda:
"Ían chamando ás compañeiras, a miña nai e a min non me daban chamado, " "quen nos ía dicir hai un ano que xa iamos estar vacinados. Vemos o final do túnel creo eu"

Noticias web

15/05/2021