CRTVG

Buscar

Unhas 4.000 persoas maiores de 70 anos reciben en Santiago a primeira dose de Moderna

Publicado o 18/04/2021 14:33

Nova xornada de vacinación masiva na área sanitaria de Santiago. Pasarán pola Cidade da Cultura unhas 4.000 persoas.

Alejandro Baña, enfermeiro do equipo de vacinación en Santiago: "Hoxe están citadas persoas de 73 e 74 anos, unhas 4.000 persoas, 2.000 pola mañá e outras 2.000 pola tarde para recibir a vacina de Moderna".

"Moi contenta e foi moi rápido e moi ben, moi ben".
"Dixéronme que me poñían a de Moderna e moi contento", din persoas vacinadas.

Reciben a primeira dose, a segunda de Moderna administraráselles dentro de 28 días. Todos están desexando volver á normalidade anterior.

"Isto é un alivio, e se podemos darnos un abrazo como é debido".
"Poder andar sen máscara, ir ás viaxes do Imserso, abrazar os netos".
"Non é vida, non poder vir a Santiago, ir de compras, ir a un balneario, non podes ir".

Neste centro de vacinación hai preparados uns 19 postos de enfermería, hai tres auxiliares e un equipo específico que carga as doses... O proceso é moi rápido: en menos de dous minutos cada persoa citada está vacinada.

"Está indo a bo ritmo, a xente está vindo, hai poucas renuncias", asegura Alejandro Baña, enfermeiro do equipo de vacinación en Santiago.

Na xornada do sábado, na áea sanitaria de Santiago-Barbanza acudiron a vacinarse preto de 2.000 persoas no grupo de idade entre os 60 e os 65 anos, arredor do 70 % dos convocados.
O martes e mércores vindeiros retomarase a vacinación na Cidade da Cultura dos maiores de 70 anos.

Noticias web

18/04/2021